Servizos online de edición e revisión de contidos en inglés

books

get English proofreading and editing button

Queres que o teu inglés non teña erros?

En ProofreadingServices.com podémoste axudar. Somos o servizo de edición e revisión de contidos en inglés líder no mundo, e traballamos para profesionais do mundo académico e dos negocios ademais de con autores de máis de 90 países. Tanto se precisas unha revisión de textos académicos, de negocios, ou dun manuscrito literario en inglés, como se precisas editar un currículo, os nosos revisores e as nosas revisoras poderán ofrecerche as correccións en lingua inglesa que precisas.

[Queres coñecer as tarifas de revisión en lingua inglesa? Pide aquí un orzamento sen compromiso.]

A calidade dos teus escritos inflúe na percepción que se ten de ti no mundo profesional ou académico. O feito de redactar documentos nun inglés correcto fará que o teu status mellore dentro do teu campo. Os nosos revisores e as nosas revisoras profesionais en lingua inglesa detectarán erros gramaticais, ortográficos, de elección de termos ou de estruturación de frases entre outros. Corriximos os teus textos en inglés para que gañes todo o respecto que mereces.

Son os nosos servizos de edición e revisión axeitados para ti?

Imaxina o seguinte: Levas horas e horas traballadas nun artigo en inglés, e queres envialo a unha revista académica moi importante. Precisas que o teu inglés escrito sexa correcto, e non queres pasar un momento vergoñento diante dos teus colegas académicos. A data de entrega está cada vez máis cerca, só faltan 48 horas. Precisas axuda, e precísala xa.

Nós sabemos que unha situación así pode provocar moito estrés. Témolo sufrido nas nosas propias carnes. Por este motivo, axustamos os nosos servizos para que sexan tan rápidos e adecuados como sexa posible. Precisas ter o teu documento de volta nun par de días? Non hai problema! Nun par de horas? Tamén podemos facelo!

Envíanos os teus documentos e reláxate. Xa nos ocupamos nós do resto.

[Solicita aquí a túa revisión ou edición.]

Aviso: Tamén ofrecemos servizos de tradución. Podes solicitar servizos de tradución aquí.

Como de bo é o noso equipo de revisión en inglés?

O noso equipo experto en edición e revisión está formado por falantes de inglés nativos con experiencia en revisión, edición e redacción profesional. Moitos e moitas son profesores e profesoras de ciencias e de inglés retirados con anos de experiencia no envío de artigos ás mellores revistas académicas. Só contratamos a un de cada 300 aspirantes, polo que o noso proceso de selección é máis selectivo que o da Universidade de Harvard. Os nosos revisores e as nosas revisoras fan un traballo excelente, e saben perfectamente como corrixir calquera texto escrito en inglés.

Queres unha mostra dunha revisión en inglés gratis?

É posible que esteas a miles de quilómetros das nosas oficinas nos Estados Unidos, e é posible que queiras ver unha mostra do noso traballo antes de pagar por unha encomenda. Recibe unha mostra gratis e comproba como o noso equipo de revisión pode mellorar os teus documentos escritos.

[Obtén agora unha mostra de revisión gratis.]

Aviso: O resto da nosa páxina web está en inglés, sentímolo! Mais somos revisores de textos en lingua inglesa, nin máis nin menos!

Estás preparado ou preparada para empezar a traballar co noso equipo de edición e revisión en lingua inglesa?

[Encarga agora unha revisión en inglés.]