Servizos de tradución de libros de galego a inglés

Galician Book Translation Services

En ProofreadingServices.com traducimos libros de ficción e de non ficción de galego a inglés axudando así os autores a chegar a novos lectores e vender máis exemplares. Os nosos servizos de tradución son 100% humanos (non utilizamos tradución automática). Estamos orgullosos de proporcionar traducións precisas mantendo o estilo e a voz que o define como autor.

Contacte con nós para pedir un presuposto de tradución.

Por que traducir o seu libro de galego a inglés?

Pasou meses, ou incluso anos, escribindo o seu libro. Para que limitar o seu impacto publicándoo só en galego? A mellor forma de chegar os miles de millóns de persoas que non poden ler en galego é traducir a súa obra a inglés. Coa axuda dun servizo de tradución profesional a inglés poderá ver como o número de lectores incrementa e, tamén, as súas ventas.

Que servizos de tradución para libros ofrecemos?

Ofrecemos traducións do galego cara o inglés británico ou americano cunha revisión adicional por parte do noso equipo de inglés. Mentres que outros servizos se limitan a traducir o seu libro, nós traducímolo e enviámolo a un revisor inglés experto que elimina expresións estrañas e detecta os errores que poida haber. Á fin e ao cabo, ProofreadingServices.com empezou como un servizo de edición e revisión e o noso equipo conta cos mellores editores en lingua inglesa do mundo.

Que tipos de manuscritos traducimos?

Traducimos novelas, obras de non ficción, literatura infantil e moitos outros xéneros para autores de todo o mundo. Estamos especializados en...

  • Libros literarios, como novelas de ciencia ficción, misterio, románticas ou de ficción histórica
  • Libros académicos, como manuscritos sobre filosofía, historia, ciencia ou outros temas
  • Libros de negocios, como libros electrónicos sobre produtividade ou liderado entre outros

Traballamos con centos de clientes cuxos libros tocan un grande abanico de temas: dende a ficción xuvenil a memorias, libros de cociña, libros de non ficción sobre ciencias políticas, tecnoloxía ou arte. Podemos, en resumo, e grazas os nosos anos de experiencia combinados coa nosa ampla rede de expertos lingüísticos, traducir e revisar libros escritos en practicamente calquera idioma e sobre calquera tema.

Por que elixir os nosos servizos de tradución de galego para o seu libro?

En ProofreadingServices.com asignamos os libros a tradutores literarios e non a tradutores xerais. O tradutor especializado en literatura irá máis alá da tradución literal palabra por palabra, terá en conta as convencións do xénero e manterá os matices da súa voz e do seu estilo como escritor

Queremos facer que os escritores de todo o mundo conecten cos mellores tradutores e revisores de inglés dunha forma fácil. Non importa se está en Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela ou en calquera outra parte do mundo, porque o noso servizo de tradución de galego a inglés cun servizo de revisión adicional é una forma sinxela para facer que moitos máis lectores merquen o seu libro e desfruten do seu traballo. O noso compromiso é ofrecer servizos de tradución da mellor calidade cun servizo de atención o cliente fantástico e tarifas accesibles garantindo sempre a súa satisfacción co noso traballo.

Contacte con nós para pedir un presuposto de tradución.